martes, 10 de noviembre de 2020

REFLEXIÓN SOBRE O MEU PLE

   Coa ansia de descubrir novos coñecementos, matriculeime no Posgrao de Especialización en Orientación Laboral da Universidade da Coruña, impartido polo CIXUG. Carlos Parada Gandós é o docente que se encarga de instruirnos naqueles temas relacionados cas novas tecnoloxías aplicadas ao emprego. 

   O pasado venres, 30 de outubro , adentrámonos nun novo termo: a contorna persoal de aprendizaxe ou o que en inglés sería Personal Learning Environment, de aí a súa denominación de agora en diante, PLE.

 QUE É O PLE?

   Un PLE é o conxunto dos elementos que se atopan arredor da persoa e que ésta emprega acotío para manterse informada. 

Cando falamos de conxunto de elementos, referímonos ás ferramentas e estratexias tecnolóxicas que empregamos de xeito contínuo e a través das cales organizamos e xestionamos a información que precisamos tanto a nivel persoal como para o bo desempeño da nosa profesión.

CARACTERÍSTICAS DUN PLE 

   É persoal: cada PLE é diferente do dos demais, xa que o contruie cada persoa de xeito individual tendo en conta os seus intereses. É dicir, é a persoa a que decide crear un PLE, por qué e para qué, así como qué elementos quere que formen parte del.

   É dinámico: cambia en función do momento e dos intereses e decisións da persoa que o crea.

 

  Como non creo que eu che poida aclarar mellor o que é un PLE deixoche aquí un video no que ademais de explicarnos o que é, tamén nos amosan un exemplo de cómo elaboralo. 

 

 O MEU PLE INICIAL

   A imaxe que se amosa a continuación é o resultado da tarefa que nos encomendou Carlos Parada ao inicio da sesión. Faltábanos aínda moita información...

 

PLE inicial de Sonia Ortigueira

FONTES DE INFORMACIÓN

   Esas ferramentas e estratexias tecnolóxicas das que facíamos referencia no parágrafo de arriba poderíamos clasificalas en función das posibilidades que nos ofrecen. Por tanto, poderíamos diferenciar entre as ferramentas que nos permiten recabar información, organizala, compartila, reflexionar... 

   Entre as ferramentas que estudamos na sesión: feedly, scoop.it, diigo, pocket. Cada unha delas ofrécenos máis ou menos posibilidades, pero cada un há de valorar cal delas se axusta máis ao que precisa.

Unha estratexia eficiente para recoller fontes de información na rede, é facer que esta (Internet) se encargue de enviarnos a información que consideramos relevante, en lugar de dedicarnos a atopar, en cada ocasión, aquela que pode responder aos nosos requisitos e intereses. Isto podémolo facer realizando subscricións específicas en sitios concretos para que cando estes xeren novos contidos, nolos envíen. A tecnoloxía que o permite denomínase "RSS" (Really Simple Syndication ou Sindicación Realmente Simple).

FEEDLY_Ferramenta de organización e xestión dos meus RSS

   Esta ferramenta vainos a permitir organizar e clasificar de forma limpa e visual aquela información que estimemos poida ser do noso interés.

   Aquí vos deixo un par de imaxes da miña conta de feedly:




   Sen lugar a dúbida, feedly é unha ferramenta moi útil para organizar a información de interés e poder tela toda xunta sen andar accedendo a distintas web´s. Como tantas outras ferrementas dixitais véxolle como inconvinte que non esté dispoñible en español.

Para saber máis:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMPETENCIAS E HABILIDADES SOCIAIS PARA A ORIENTACIÓN

    O pasado 23 de outubro seguindo a programación do #POLAB20 tivemos a sesión en directo a través do Zoom con D. José María Rolón para ach...