viernes, 25 de septiembre de 2020

A miña presentación profesional: Sonia Ortigueira

Moi bo día!. 

Son Sonia Ortigueira. Realicei estudos de Traballo Social na USC e logo tiven a posibilidade de participar en dous posgraos: "Técnica en Integración Laboral" e "Especialista en Inserción Sociolaboral de Colectivos de inclusión social", tamén da Univesidade de Santiago, estando xa exercendo como Técnica de Inserción Sociolaboral.

Todo a miña traxectoria profesional está vinculada a programas de inserción tanto en entidades sen ánimo de lucro como na administración pública.

Para que intentedes facervos unha idea, compártovos o meu avatar:

Aquí me tendes un día con neve ^^

Despois dun parón profesional adicada en "corpo e alma" á crianza dos meus pequerrechos, cursei o Certificado de Profesionalidade en Docencia da formación profesional para o emprego, formación que tiña ganas de realizar e que me aportou moito, tanto profesional como persoalmente. 

Dende o ano 2018 participo como persoal técnico en Programas Integrados de Emprego, posto que sigo desenrolando actualmente.

Compártovos o video dunha das cancións que me gusta escoitar cando me atopo un pouco baixa de ánimo.


Ademáis da miña profesión e da miña familia, sinto preferencia por outros temas, un deles é a cociña. Gracias ao blog de Esther, disfruto da cociña e da repostería nos meus ratos libres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMPETENCIAS E HABILIDADES SOCIAIS PARA A ORIENTACIÓN

    O pasado 23 de outubro seguindo a programación do #POLAB20 tivemos a sesión en directo a través do Zoom con D. José María Rolón para ach...