
INCAPACIDADE LABORAL
A tarefa de orientar non é sinxela pero se a esto unimos que a persoa usuaria ten incapacidade laboral a situación resulta aínda máis complicada.
O primeiro que temos que ter claro é que é unha incapacidade, os tipos que hai e as implicacións que ten para a persoa. Se non temos claras estas cousas non faremos un bo traballo como orientadores. Que é unha incapacidade?
INCAPACIDADE Situación na que se atopa un traballador cando está imposibilitado para realizar as función normais do seu posto de traballo.
Tras saber o que é unha incapacidade debemos coñecer os tipos que existen pois segundo a tipoloxía a persoa usuaria ten máis ou menos limitacións á hora de buscar emprego. Aquí vos deixo un enlace a un mapaconceptual elaborado por min sobre a incapacidade laboral.
TIPOS DE INCAPACIDADE
TEMPORAL (IT).
Prodúcese cando un traballador non pode desenvolver a súa profesión ou oficio nun período de tempo no que está sometido a tratamento.
PERMANENTE (IP).
Situación laboral na que se atopa un traballador que non pode desempeñar a súa profesión con normalidade debido a limitacións anatómicas ou funcionais previsiblemente definitivas.
- PARCIAL (IPP).
Recoñécese cando debido a unha lesión ou enfermidade un traballador ten dificultades para realizar a súa actividade laboral.
- TOTAL (IPT).
Prodúcese cando unha persoa se atopa inhabilitada para desempeñar as tarefas do seu posto de traballo habitual, podendo adicarse a outros traballos.
ABSOLUTA.
Inhabilita ó traballador para desempeñar calquera profesión ou oficio cun mínimo de profesionalidade, eficacia e rendemento.
GRAN INVALIDEZ.
Grao máximo de incapacidade. A persoa non pode realizar calquera tipo de actividade ou traballo e precisa asistencia doutra persoa para as actividades esenciais da súa vida.
Aquí vos deixo un pequeno vídeo que clarifica máis as cousas.
PARA SABER MÁIS
Se queredes saber máis sobre a Incapacidade Permanente e os procedementos para tramitala, así como información xeral sobre dita prestación entrade nesta páxina
Para ter máis información sobre a Incapacidade e os tipos que hai podedes consultar páxinas de entidades especializadas nas discapacidades e incapacidades
COMPATIBILIDADE INCAPACIDADE E TRABALLO
Para saber se unha persoa con incapacidade pode traballar hai que analizar cada situación concreta pois dependendo do tipo de incapacidade a persoa poderá desempeñar un traballo ou non. Como resumo podemos dicir:
- Se a persoa ten unha incapacidade permanente parcial pode seguir desempeñando o seu posto habitual con algunha pequena limitación.
- Cunha incapacidade permanente total a persoa non pode desempeñar o seu traballo habitual nin ningún outro que teña funcións iguais ou similares ó seu traballo anterior.
- Se a incapacidade é absoluta en principio a persoa só pode traballar nun Centro Especial de Emprego (CEE).
- Cunha gran invalidez en principio a persoa non pode desempeñar ningún tipo de traballo.
Un aspecto importante a ter en conta é a orixe da incapacidade laboral. Esta pode ser por enfermidade común ou por accidente labora ou enfermidade profesional. A continuación deixo un pequeno vídeo que fala sobre os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.
Moi importante resaltar que é obriga da persoa con incapacidade comunicar á Seguridade Social o inicio da actividade laboral no prazo de 30 días, de non facelo será sancionado.
Para rematar dicir que a nosa labor como orientadores consiste en axudar no camiño de redifinición das persoas usuarias que deben buscar novas alternativas formativas e laborais para conseguir a súa volta ó mercado laboral. Esta tarefa non sempre é sinxela pois é verdade que moitas destas persoas por idade e/ou formación previa son reacios a formarse. Está entre as nosas funcións motivalos e orientalos para que adquiran novas competencias e habilidades para conseguir a súa reinserción laboral.



