Bo día o meu nome é Miriam, son Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo no ano 2012, nese mesmo ano matriculeime para realizar un doble Máster en Asesoría Fiscal e Tributación no Centro de Iniciativas Profesionais de Vigo e a través da UDIMA (Universidade a Distancia de Madrid)
Antes de seguir contandovos cousiñas quero presentarme, esta son eu 😉:
Despois de rematar a licenciatura e o máster estiven tres anos como desempregada, iso sí formandome de xeito continuado para así poder manterme actualizada e en activo. Costoume bastante atopar o meu primeiro emprego xa que na maioría das ofertas de emprego solicitaban experiencia previa, algo que eu non tiña. Finalmente no ano 2016 houbo unha entidade que quixo darme a miña primeira oportunidade de traballar como empregada administrativa cubrindo a baixa da persoa titular do posto, con inquedanza por non ter experiencia laboral no mesmo aceptei e co paso do tempo sentinme moi agusto no meu traballo sobre todo porque me gustaba moito interactuar co colectivo co que a entidade traballa. Estiven un ano entrando e saindo de dita entidade cubrindo a mesma persoa, ata que tiven a oportunidade de no ano 2017 cubrir dito posto como persoa titular. A parte de ser administrativa da entidade levo a parte de formación e prevención de riscos laborais.
Levo xa un par de anos detrás de este posgrao, xa que desexo formarme no ámbito da orientación laboral para así poder desenrolar o traballo de apoio na búsqueda de emprego que neste momento realizan as miñas compañeiras de traballo como orientadoras. Polo que teño moitas ganas de aprender cousas novas que me axuden a crecer laboralmente
Finalmente deixovos unha canción que me acompaña dende fai anos e coa cal me sinto identificada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario