miércoles, 23 de septiembre de 2020

Presentación Tania Piñeiro

 

                                                           PRESENTACIÓN PROFESIONAL


Boas! Chámome Tania e nas seguintes liñas presentareime para que poidades coñecerme un pouco máis.

Deixo aquí o meu avatar para que poidades facervos unha idea de como son.

 

 

Gradueime no Grao de Educación Social no ano 2014. Ao ano seguinte vivin 3 meses en Portugal gracias a unhas prácticas laborais a través do Colexio de Educadores, isto permitiume conseguir o B1 nesta lingua.

No 2015 puden incorporarme ao mundo laboral, coas ganas e ilusión do primeiro traballo. Foi este o que me permitiu medrar como profesional, aprender metodoloxías, formas de traballo e, por suposto, tamén a aprender dos erros; todo isto sempre rodeada de un equipo de traballo inmellorable no que alcanzamos grandes éxitos profesionais. 

Neste mesmo ano decido iniciar os meus estudos en Psicoloxía, compatibilizando co meu traballo, co obxectivo de acadar ferramentas útiles para o meu día a día nas intervencións coas persoas usuarias.

No 2019 tiven tamén a oportunidade de traballar nun centro ocupacional que me permitiu coñecerme máis a min mesma, tanto a nivel persoal coma profesional, pois foi aquí cando supen a onde quería dirixirme profesionalmente... o que me levou ao meu traballo actual: Prospectora laboral en FEAFES

Por esta nova etapa decido facer este curso, para poder seguir formándome e adquirir ferramentas que poidan ser útiles tanto para min como para o meu traballo.

Facendo referencia á música, deixovos un enlace ao vídeo que fixemos dende a Federación de Saúde Mental FEAFES Galicia,  con él pretendaímos enviar unha mensaxe de esperanza, optimismo e enerxía dende as nosas casas en forma de canción durante o confinamento ocasionado pola COVID-19. E, por suposto, poderedesme ver nel.



Para rematar, adxunto enlace ao libro Feminismo para principiantes, un dos primeiros libros que me axudou a desenvolver unha parte de min que aínda estaba por descubrir.


Un saludiño e leémonos








No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMPETENCIAS E HABILIDADES SOCIAIS PARA A ORIENTACIÓN

    O pasado 23 de outubro seguindo a programación do #POLAB20 tivemos a sesión en directo a través do Zoom con D. José María Rolón para ach...